O Concello de Fene inviste algo máis de 21.000 euros en obras de mantemento nos centros de ensino
Fene iniciou hoxe, igual que o resto de Galicia, o regreso escalonado ás aulas. Un primeiro día no que xa se empezaron a aplicar os protocolos deseñados por cada centro de ensino para minimizar a posibilidade de contaxios do coronavirus. Este primeiro día no que empezaron as crianzas dos primeiros cursos de Educación Infantil e …